sábado, 24 de marzo de 2012

Pop rock galego



Para rematar o noso percorrido pola historia da música popular urbana ímonos mergullar xuntos nunhas augas pouco coñecidas, pero non por iso menos interesantes: o mellor pop rock feito en Galicia.

Se algo temos aprendido nas unidades anteriores é que moita música de gran calidade ás veces non chega a aparecer nas listas de éxitos simplemente por non ter atopado o apoio da industria discográfico.

Tamén temos claro que esa industria ríxese por criterios máis comerciais que artísticos, e por iso pode chegar a convertir un grupo ou artista nun deus e, en canto deixa de ser productivo, deixalo abandonado á súa sorte.

Existen grupos e intérpretes de gran calidade na nosa comunidade que coñecemos pouco ou nada, simplemente porque non adoitan estar presentes nas listas de éxitos que máis consumides. Preséntovos a algúns deles:
  • Golpes Bajos
  • Siniestro Total
  • Los Piratas
  • Estereoceano
  • Deluxe
  • Iván Ferreiro
  • Xoel López
  • Catpeople
  • Elodio y los seres queridos
  • The Homens
  • Os Herdeiros da Cruz
  • Triángulo de Amor Bizarro
O noso traballo consistirá en investigar a historia e discografía de todos eles para logo elaborar xuntos un artigo na nosa wiki de MOODLE que enriqueceremos con:

  1. unha lista en Spotify coa nosa selección dos seus mellores temas
  2. e unha antoloxía dos seus videos máis interesantes en Youtube e Vimeo
Mans a obra, todos a traballar!
Ah, por certo, hai un libro moi interesante na biblioteca que pode axudarvos a coñecer mellor a estes grupos, titúlase 50 anos de  pop, rock e malditismo na música galega de Fernando F. Rego.
Non deixedes de consultalo porque non todo está na rede, xa o sabedes!

Descubrindo Spotify


Para a nosa próxima actividade en 4º de ESO teño que presentarvos unha interesante ferramenta: Spotify.
Spotify é un servizo de música on-line, é dicir, un catálogo inmenso de música á nosa disposición sen necesidade de descargala físicamente na memoria da nosa computadora.
Só ten un pequeno inconvinte, se escolles a versión gratuita deberás escoitar algo de publicidade entre as cancións, pero aínda así paga a pena, xa o veredes.

Xa me víchedes empregala a miudo na aula pero agora seredes vos os que creedes a vosa propia conta.
Con ela poderedes:

  • configurar a vosa selección musical persoal en liña
  • compartila cos voso amigos a través de correo electrónico, Facebook ou Twitter
  • escoitar e participar na elaboración de listas abertas por outros usuarios
  • estar ao día nas novidades dos vosos grupos ou xéneros preferidos ...
Unha vez que vos familiaricedes coa ferramente, elaboraremos xuntos unha lista moi especial.

En primeiro lugar tedes que acceder dende o voso ordenador á páxina de spotify


e premer na pestana INICIAR SESIÓN.
Como aínda non tedes a vosa conta activa, tedes que pinchar en REGISTRARSE.
Agora só tedes que crear a vosa conta de usuarios. Para facelo abride noutra xanela este sinxelo titorial e seguide as súas instruccións.
Vémonos en spotify, compañeiros!

lunes, 12 de marzo de 2012

A música dos 80 e 90

Aquí vos presento o esquema do tema que comezamos a traballar nesta semana. Mergullámonos desta vez de cheo na música dos 80 e 90. A música que forma parte da banda sonora dos anos mozos dos vosos pais e nais e, dende logo da miña xuventude tamén.
Prestade atención ás novidades tecnolóxicas destas décadas pois pronto teredes que poñer as neuronas a traballar para deseñar o video promocional dun tema musical.
Atrevédesvos?

sábado, 10 de marzo de 2012

SENSACIÓNS MUSICAIS

A miudo tedes dificultades para describir as sensacións que vos produce a escoita dunha peza musical.
Hoxe preséntovos unha fermosa colección de adxectivos (adaptados da Editorial Editex) para que levedes sempre na vosa libreta de música.
Quedan dende hoxe vetadas de por vida nos nosos escritos as palabras bonito e feo!!!! 



Open publication - Free publishing - More eso

Ah, e estades invitados a engordar esta lista con cantos calificativos  queirades. Espero as vosas suxestións.

jueves, 8 de marzo de 2012

Benvida

Hoxe comezamos a nosa andadura bloguera. Que se preparen as musas!
Aquí publicaremos:
  • materiais de interese para as nosas clases
  • curiosidades
  • información
  • enlaces sobre música
  • e diferentes recursos e aplicacións útiles e divertidas para facer e gozar coa música.

Benvidos todos, carísimos alumnos e alumnas, compañeiros de profesión e amantes de todas as  músicas. Conto coa vosa participación activa e coa vosa colaboración para facer deste blog un lugar de encontro e aprendizaxe colaborativa.