sábado, 24 de marzo de 2012

Descubrindo Spotify


Para a nosa próxima actividade en 4º de ESO teño que presentarvos unha interesante ferramenta: Spotify.
Spotify é un servizo de música on-line, é dicir, un catálogo inmenso de música á nosa disposición sen necesidade de descargala físicamente na memoria da nosa computadora.
Só ten un pequeno inconvinte, se escolles a versión gratuita deberás escoitar algo de publicidade entre as cancións, pero aínda así paga a pena, xa o veredes.

Xa me víchedes empregala a miudo na aula pero agora seredes vos os que creedes a vosa propia conta.
Con ela poderedes:

  • configurar a vosa selección musical persoal en liña
  • compartila cos voso amigos a través de correo electrónico, Facebook ou Twitter
  • escoitar e participar na elaboración de listas abertas por outros usuarios
  • estar ao día nas novidades dos vosos grupos ou xéneros preferidos ...
Unha vez que vos familiaricedes coa ferramente, elaboraremos xuntos unha lista moi especial.

En primeiro lugar tedes que acceder dende o voso ordenador á páxina de spotify


e premer na pestana INICIAR SESIÓN.
Como aínda non tedes a vosa conta activa, tedes que pinchar en REGISTRARSE.
Agora só tedes que crear a vosa conta de usuarios. Para facelo abride noutra xanela este sinxelo titorial e seguide as súas instruccións.
Vémonos en spotify, compañeiros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario