sábado, 24 de marzo de 2012

Pop rock galego



Para rematar o noso percorrido pola historia da música popular urbana ímonos mergullar xuntos nunhas augas pouco coñecidas, pero non por iso menos interesantes: o mellor pop rock feito en Galicia.

Se algo temos aprendido nas unidades anteriores é que moita música de gran calidade ás veces non chega a aparecer nas listas de éxitos simplemente por non ter atopado o apoio da industria discográfico.

Tamén temos claro que esa industria ríxese por criterios máis comerciais que artísticos, e por iso pode chegar a convertir un grupo ou artista nun deus e, en canto deixa de ser productivo, deixalo abandonado á súa sorte.

Existen grupos e intérpretes de gran calidade na nosa comunidade que coñecemos pouco ou nada, simplemente porque non adoitan estar presentes nas listas de éxitos que máis consumides. Preséntovos a algúns deles:
  • Golpes Bajos
  • Siniestro Total
  • Los Piratas
  • Estereoceano
  • Deluxe
  • Iván Ferreiro
  • Xoel López
  • Catpeople
  • Elodio y los seres queridos
  • The Homens
  • Os Herdeiros da Cruz
  • Triángulo de Amor Bizarro
O noso traballo consistirá en investigar a historia e discografía de todos eles para logo elaborar xuntos un artigo na nosa wiki de MOODLE que enriqueceremos con:

  1. unha lista en Spotify coa nosa selección dos seus mellores temas
  2. e unha antoloxía dos seus videos máis interesantes en Youtube e Vimeo
Mans a obra, todos a traballar!
Ah, por certo, hai un libro moi interesante na biblioteca que pode axudarvos a coñecer mellor a estes grupos, titúlase 50 anos de  pop, rock e malditismo na música galega de Fernando F. Rego.
Non deixedes de consultalo porque non todo está na rede, xa o sabedes!

2 comentarios:

  1. Your article is very smart.I love to browse your diary's posts everyday and that i got vast facilitate from your blog and developed a brand new app free spotify premium apk you'll be able to check.Thanks for wonderful diary.

    ResponderEliminar
  2. I have been using this app Adobe Lightroom Mod Apk : and downloaded and gambling it frequently.

    ResponderEliminar